Unha das novidades que o Consello Aberto da Feira Franca introduciu para esta vixésima edición da feira medieval é a creación dunha playlist musical específica para esta ocasión.
Os encargados de facer a selección foron os membros da Asociación Músicas Novas.
Esta é a ligazón onde podes reproducir a lista de reprodución de Spotify.
Trátase de 30 composicións que inclúen pezas medievais, mozárabes e contemporáneas interpretadas cun estilo medieval.
Esta lista pode ser descargada e utilizada tanto pola hostalería e entidades como por todas as persoas particulares que o desexen.