A Policía Local de Poio solicitou a colaboración cidadá para tratar de esclarecer un accidente de tráfico ocorrido este martes na rúa Andurique.
O sinistro tivo lugar sobre as 12:05 horas entre un coche e unha motocicleta.
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Local, ambos os vehículos circulaban en dirección a Poio e, ao chegar á rotonda da panadería Acuña, o coche golpeou a motocicleta facendo saír da calzada ao condutor. O turismo deuse á fuga.
O piloto da motocicleta resultou lesionado e foi trasladado por unha ambulancia do 061 ata un centro sanitario para ser atendido das súas feridas.
A Policía Local iniciou unha investigación para aclarar a causa do sinistro para o que busca testemuñas facendo un chamamento á cidadanía nas redes sociais: "Se tes información ou viches ou vehículo fuxido avísanos".
Para colaborar na resolución deste proceso facilitaron o número de teléfono 689575495 e o correo electrónico [email protected]