Burger King abre un segundo restaurante en Pontevedra

Pontevedra
12 de setembro 2019

Máis de 350 metros cadrados na Rúa da Carrasqueira, entre a Avenida de Lugo e Juan Carlos I. É o espazo que ocupará o segundo restaurante que a multinacional Burger King abre na cidade de Pontevedra. Este establecemento, recentemente inaugurado, contará con 34 traballadores

Segundo restaurante que Burger King abre en Pontevedra
Segundo restaurante que Burger King abre en Pontevedra / Burger King

Máis de 350 metros cadrados na Rúa da Carrasqueira, entre a Avenida de Lugo e Juan Carlos I. É o espazo que ocupará o segundo restaurante que a multinacional Burger King abre na cidade de Pontevedra.

Este establecemento, recentemente inaugurado, contará con 34 traballadores, segundo informou a compañía nun comunicado.

O restaurante está preparado para ofrecer o servizo de Autoking para poder realizar os pedidos desde o coche. Ademais, terá zona de xogos, quioscos ou sistema wifi, entre outros equipamentos.

Tamén dispón de cociña aberta, unha aposta pola transparencia a través da apertura total das cociñas, a grella e os procesos de elaboración da comida que se atopan á vista de calquera consumidor que acuda ao restaurante.

O novo establecemento, con formato Free Standing, incorpora novos sistemas, deseños e materiais sustentables e decoración recrea o ambiente das clásicas grelladas americanas cunha combinación de cores brillantes e atrevidas cunha variedade de texturas e materiais naturais como a madeira, o metal e os ladrillos.

Ademais, mantén a esencia da compañía coas fotografías históricas que decoran algunhas das súas paredes, as estruturas de madeira que decoran outras, os gravados en relevo da grella nas mesas, así como a decoración exterior do establecemento.

Con esta apertura, Burger King conta xa con once restaurantes na provincia de Pontevedra.