Bueu xa ten encendido o alumeado de Nadal, que inclúe máis de cento trinta adornos polas tres parroquias, aínda que cun especial protagonismo ao casco urbano.
Este luns foi o acto de encendido na Praza Massó, onde estiveron presentes o alcalde, Félix Juncal, e os concelleiros Martín Villanueva, Fidel Castro, Silvia Carballo, Inmaculada Rodríguez e Ana Isabel Otero.
A decoración está adaptada á contorna no que se sitúa, alternando a decoración de árbores e farois coa instalación de arcos luminosos.
Nesta campaña, e do mesmo xeito que en anos anteriores, o Concello inviste uns 16.000 euros.
Por outra banda, o goberno local aínda non decidiu se se instalará megafonía durante as datas do Nadal.