Bueu volverá ter 'Tapas 5 estrellas' con motivo do Festival Internacional de Curtametraxes

Bueu
16 de marzo 2018

A concelleira de promoción económica de Bueu, Silvia Carballo, e director do FICBUEU, Manuel Pena, reuníronse este venres coa hostalaría da vila para abordar o asunto. O motivo de organizar esta reunión con tanta antelación é facilitar á hostalaría a súa participación, dado que no verán é moi complicado reunirse 

Reunión para organizar a ruta 'Tapas 5 Estrelas' en Bueu
Reunión para organizar a ruta 'Tapas 5 Estrelas' en Bueu / Concello de Bueu

O Concello de Bueu e a organización do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) comezaron a organizar a terceira edición da ruta 'Tapas 5 estrelas', que seguirá a mesma dinámica do ano pasado, aínda que con algúns pequenos cambios. 

A concelleira de promoción económica de Bueu, Silvia Carballo, e director do FICBUEU, Manuel Pena, reuníronse este venres coa hostalaría da vila para abordar o asunto. O motivo de organizar esta reunión con tanta antelación é facilitar á hostalaría a súa participación, dado que no verán é moi complicado reunirse.

Tal e como xa se avanzou na xuntanza, na próxima semana sairá publicada na páxina web do Concello de Bueu as bases para participar cos prazos, para que os hostaleiros se apunten.

Ao igual que o ano pasado, os participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, onde se irán selando cada unha delas por cada tapa consumida que, por certo, leva nome de película.

As rutas das tapas levan organizándose desde xa fai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalería local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos. Neste caso, a idea é facela coincidir co FICBUEU que se celebrará do 7 ao 15 de setembro.