Unha carpa situada no aparcadoiro de As Lagoas, en pleno casco urbano de Bueu, acollerá os días 23 e 24 de novembro un mercado de Nadal.
Está organizado polo propio Concello e nel participará o comercio e a hostalería local.
O obxectivo desta iniciativa é fomentar as compras no municipio e, ao mesmo tempo, dar a coñecer todo o tecido comercial.
Os locais interesados en participar terán que inscribirse de forma presencial no Concello, a través do enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 986390029 (ext. 2).
"O que queremos é converter As Lagoas nun centro comercial e que a cidadanía tome conciencia do tecido local e da súa importancia", destacou a edil Silvia Carballo.
Debido a iso, desde o Concello elixiron a fin de semana anterior ao coñecido como Black Friday (venres negro), e será un mercado aberto a todos os sectores e servizos.
Esta actividade complementarase cunha programación cultural paralela para animar á cidadanía a asistir e a realizar as súas compras de Nadal por adiantado.
Tamén haberá a posibilidade de que a hostalaría local poida montar postos ou barras de bebidas e comidas, para o que se require de inscrición previa a través do mesmo correo e teléfono.