O desfile e posterior enterro do Paxaro de Mal Agoiro puxo o fin este domingo ás celebracións de entroido en Bueu.
Unha semana despois de ter que suspenderse pola choiva, nesta ocasión a popular celebración puido desenvolverse con importante presenza de público ao longo do percorrido.
A comitiva partiu ás 17:00 horas desde a rúa Montero Ríos pasando por Francisco Escáneo, Pazos Fontenla, Castelao culminando na praia de Banda do Río coa queima do paxaro.
Segundo informou o Concello de Bueu, os premios do desfile foron para:
- Parejas
- 1º premio: Sergio Martínez
- 2º premio: Rocieros de Marín
- Agrupacións 3-15 componentes
- 1er premio: Oficios sin beneficios
- 2º premio: Os reboltosos de San Xulián
- Agrupacións de máis de 15 componentes
- 1º premio: Casa do Rural
- 2º premio: Asociación Cultural Alfombras Bueu
- 3º premio: Vimos de Beluso
- Comparsas de Bueu
- 1º premio: Tinta Femia
- 2º premio: Os do Pinsel
- 3º premio: As Faltriqueiras e Os Kantaclaro