Bueu apraza o seu desfile de entroido ao domingo 14

Bueu
09 de febreiro 2016

O "Enterriño da Sardiña" previsto para o mércores 10 posponse ao domingo 14 ás 17:00 horas

Chuvia en Pontevedra
Chuvia en Pontevedra

O Concello de Bueu apraza o desfile do "Enterriño da Sardiña", previsto para este mércores 10, ao domingo 14 ás 17:00 horas coincidindo así co desfile do "Páxaro de Mal Agoiro". Pero os prazos dos concursos séguense mantendo, aqueles que queiran participar no concurso do "Enterriño da Sardiña" deben inscribirse previamente antes do día 10 de febreiro, o gañador recibirá un premio de 200 euros e o segundo un de 100 euros.

En cambio aquelas que desexen inscribirse no concurso do "Enterro do Páxaro de Mal Agoiro" deben facelo antes do 13 de febreiro ás 13:00 horas.

Doutra banda, as actividades programadas para o mércores 10 consérvanse, así de 11:00 a 13:00 horas na Praza Massó terá lugar o obradoiro de repostería de entroido, xincanas e xogos de animación, na mesma carpa de 17:00 a 20:00 horas celebrarase a Festa Infantil de Entroido.

Arquivado en