Bucharaya Hamudi, ex primeiro ministro da República Árabe Saharaui Democrática, pechará a Semana Galega de Filosofía

Pontevedra
29 de marzo 2019

Xa se coñece o nome dos 15 relatores que participarán na Semana Galega de Filosofía que se celebrará do 22 ao 26 de abril no Teatro Principal. As representantes da Aula Castelao de Filosofía deron a coñecer a programación deste encontro coa filosofía, que nesta edición xirará arredor da cuestión das fronteiras, na mañá deste venres.

As representantes da Aula Castelao de Filosofía coa programación
As representantes da Aula Castelao de Filosofía coa programación / Olaya Madrigal

Xa se coñece o nome dos 15 relatores que participarán na Semana Galega de Filosofía que se celebrará do 22 ao 26 de abril no Teatro Principal. As representantes da Aula Castelao de Filosofía deron a coñecer a programación deste encontro coa filosofía, que nesta edición xirará arredor da cuestión das fronteiras, na mañá deste venres.

O folleto no que se inclúe a programación ten na portada, como é costume, unha ilustración de Castelao, moi axeitada ao ilustrar varias das cuestións que se tratarán nas diferentes sesións, segundo explicou Ana Regueira, presidenta da Aula Castelao. Nela, aparecen á beira do Miño un rapaz e un ancián, mentres o primeiro lle pregunta ao segundo: "¿E logo os da beira da alá son máis estranxeiros que os de Madrid? (Non se soupo o que lle respondéu o vello)".

Esta e outras cuestións serán tratadas polos diferentes autores, que amosarán a súa perspectiva nos ámbitos concretos que lle concirnen. Algunhas das preguntas que se aproximarán á luz son: é posible unha cidadanía global? Que define o 'eu' se non existen fronteiras? Pode existir a alteridade sen elas? Permite o actual sistema a alteridade? É España unha nación ou está constituída por nacións? Existe unha fronteira entre Galicia e Portugal?É posible acabar coas fronteiras? A que condicións psíquicas acompaña a migración?Como afecta a migración ás mulleres e nenos?

As sesións dividiranse en mañá, tarde e noite, abordando cada un dos tramos temporais un contido concreto. A inauguración da Semana será o día 22 de abril ás 10:30 horas, coa conferencia de Saskia Sassen, "Formacións depredadoras vestidas con traxes de Wall Street e matemática algorítmica", e rematará o 26 coa lección de clausura de Bucharaya Hamudi Bayun, ministro da República Árabe Saharaui Democrática en dúas ocasións.

Tamén haberá unha actividade externa en colaboración coa Universidade de Vigo, a presentación da tradución ao castelán do penúltimo libro de Boaventura de Sousa Santos o día 24 ás 19:00 horas na Casa das Campás.

MAÑÁS, de 10:30 a 13:30 horas. "Pensar a fronteira" 

  • Luns 22. SASKIA SASSEN. Formacións depredadoras vestidas con traxes de Wall Street e matemática algorítmica.
  • Martes 23. EMANUELA FORNARI. Fronteiras epistémicas e revolución espacial.
  • Mércores 24. BOAVENTURA DE SOUSA SANTOS. Aprendizaxes globais. Descolonizar, desmercantilizar e despatriarcalizar desde epistemoloxías do Sur.
  • Xoves 25. JOAN NOGUÉ I FONT. Límites e fronteiras. Pensar o territorio desde as marxes.
  • Venres 26. JOSE SOLANA DUHESO. Os sofistas: demolendo fronteiras.

 

TARDES, de 17:00 a 19:00 horas. "A fronteira na Galiza" 

  • Luns 22. FRANCISCO RODRÍGUEZ SÁNCHEZ. O mundo galego-portugués medieval: dous reinos, unha fronteira ausente.
  • Martes 23. CHEIKH FAYE. Migración e integración en Galicia.
  • Mércores 24. XOSÉ MANOEL NÚÑEZ SEIXAS. Galiza, pobo migrante.
  • Xoves 25. X.L. BARREIRO BARREIRO. O lusco-fusco como metáfora: filosofía, identidades, fronteiras.
  • Venres 26. PAULA GODINHO. Em busca de uma condição cosmopolita: que podemos aprender com os vizinhos da fronteira galaico-portuguesa num tempo longo?

 

NOITES, de 20:00 a 22:00 horas. "Retos e trampas da fronteira" 

  • Luns 22. ÁNGELES DIEZ RODRÍGUEZ. Emigrantes, refuxiados e terroristas, tres consignas da propaganda de guerra.
  • Martes 23. JOHN HOLLOWAY. Rompamos tódalas fronteiras!
  • Mércores 24. JOSEBA ACHOTEGUI LOIZATE. Emigrar en situación extrema: O Síndrome do migrante con estrés crónico e múltiple ou Síndrome de Ulises.
  • Xoves 25. ÁNGELES RAMÍREZ FERNÁNDEZ. Mulleres sen fronteiras: precariedade e feminización das migracións internacionais.
  • Venres 26. BUCHARAYA HAMUDI BAYUN. Lección clausura.