Bruxelas non contempla multas pola contaminación da ría de Pontevedra

Pontevedra
08 de abril 2015

O recurso interposto o pasado mes de novembro pola Unión Europea contra o Estado español polo suposto incumprido das súas obrigas en materia de augas residuais na ría de Pontevedra non inclúe, polo momento, proposta de sanción económica ningunha. O Goberno confía en resolver este asunto sen ser multado

Faro da Illa de Tambo na ría de Pontevedra
Faro da Illa de Tambo na ría de Pontevedra /

O recurso interposto o pasado mes de novembro pola Unión Europea contra o Estado español polo suposto incumprido das súas obrigas en materia de augas residuais na ría de Pontevedra non inclúe, polo momento, proposta de sanción económica ningunha.

O Goberno confía en resolver este asunto sen ser multado, segundo avanzou nunha resposta parlamentaria.

NOVA REUNIÿN

Mentres tanto a confraría de pescadores de Lourizán acollerá este mércores a segunda das reunións para abordar o saneamento da ría, unha iniciativa que non impulsan as administracións senón as mariscadoras, preocupadas polas consecuencias que a contaminación ten no seu medio de vida.

Ao encontro acudirán de novo os representantes dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio e Vilaboa, de Augas de Galicia, da Autoridade Portuaria e das tres confrarías do fondo da ría. Como novidade nesta ocasión incorpóranse á cita voceiros de Viaqua, a empresa que xestiona a EDAR dos Praceres.

A Xunta xa avanzou que gran parte das axudas comunitarias para saneamentos en Galicia se destinarán a Pontevedra. Necesítase aumentar capacidade da desbordada depuradora de Praceres e construír unha EDAR para Poio.

Arquivado en