Bruno, un veciño de Marcón, segundo bebé galego do 2023

Pontevedra
01 de xaneiro 2023

O primeiro nacemento do 2023 en Galicia rexistrouse esta madrugada no hospital Clínico de Santiago de Compostela e foi o de Aitana. Un pouco máis tarde, ás 01:25 horas nacía Bruno no hospital Provincial de Pontevedra, un novo veciño da parroquia pontevedresa de Marcón que é fillo de Elena Cons e Manuel González  

Elena e Manuel co seu segundo fillo, Bruno
Elena e Manuel co seu segundo fillo, Bruno / Mónica Patxot

O primeiro nacemento do 2023 en Galicia rexistrouse esta madrugada no hospital Clínico de Santiago de Compostela e foi o de Aitana, filla de Lara e Antonio, segundo informou este domingo a Consellería de Sanidade.

Naceu ás 01:02 horas cun peso 3,54 quilogramos.

Un pouco máis tarde, ás 01:25 horas nacía Bruno no hospital Provincial de Pontevedra, un novo veciño da parroquia pontevedresa de Marcón que é fillo de Elena Cons e Manuel González e que tivo un peso de 3,33 quilos.

O terceiro nacemento foi doutra nena, Olivia, que chegou ao mundo ás 01:44 horas con 3,3 quilogramos no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, filla de Sandra e Abel.

No Hospital Provincial Elena Cons estaba esta mañá atafegada pola presenza dos xornalistas que, fieis a unha estraña tradición, acudimos cada 1 de xaneiro a ver ao primeiro recentemente nado do ano. "Me siento como Cristiano Ronaldo", bromeaba a nai de Bruno e tamén de Mateo, convertido agora no irmán maior. 

"Siempre veíamos al primer bebé del año en el periódico y hoy somos nosotros los protagonistas", comenta Manuel.

Elena relata que onte á noite empezou a ter contraccións sobre as oito da tarde e foron ao hospital "pero aún faltaba y volvimos a casa", sobre as once e media da noite deixaron a mesa familiar e acudiron de novo ao Provincial "fue muy rápido, no dio tiempo a tomar las uvas" apenas lle fixo efecto a anestesia epidural ante un parto "corto e intenso".