Bombardeo de palla de trigo contra a erosión e as riadas tras o lume de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
07 de outubro 2013

Técnicos do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán xunto co CSIC e a Universidade de Santiago aplicarán esta semana en Ponte Caldelas un tratamento a base de palla de trigo para evitar a erosión e as riadas tras os invendios deste verán

Técnicos do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán xunto cun equipo do Instituto de Investigacións Agrobiológicas de Galicia (CSIC) en colaboración con edafólogos da Universidade de Santiago aplicarán esta semana en Ponte Caldelas un tratamento a base de palla de trigo para evitar a erosión e as riadas tras os incendios deste verán.

A previsión meteorolóxica permitirá aos helicópteros sobrevoar en boas condicións as superficies arrasadas polo lume para lanzar a palla de trigo. Esta mesma técnica, coñecida como 'air mulching' tamén se está a aplicar no monte Pindo e en Porto do Son.

Antes do traballo dos helicópteros varios equipos da empresa pública Seaga acondicionaron o terreo para garantir o éxito da operación aérea.

Neste tipo de tratamentos Galicia foi pioneira en 2006, ano no que se deseñou, se ben non foi ata o 2010 cando se probou por primeira vez en Laza.

Arquivado en