O Sindicato Unificado da Policía (SUP) e a Unión Federal da Policía de Galicia (UFP) cualifica de "escándalo" a repartición de medallas vermellas a mandos policiais e mesmo a cidadáns alleos ao Corpo Policial e, por este motivo, os integrantes decidiron non asistir aos actos do patrón dos Anxos Custodios, que se celebra este venres 2 no edificio de AFundación.
Segundo sinalan desde o SUP para obter a condecoración cunha medalla vermella é necesario participar en tres ou máis servizos mediando agresión de armas, resultar ferido ou realizar un feito en circunstancias de especial perigo, situacións que son incompatibles con postos de dirección que se realizan desde os despachos, segundo denuncian. Con todo, o 78,6 % das medallas vermellas son para a escala superior do corpo mentres que tan só o 0,8% destes galardóns adxudícanse á escala básica que conforma o 81,43% do persoal do Corpo Nacional da Policía, segundo indican desde este sindicato.
Denuncian que na provincia de Pontevedra non se repartirá ningunha medalla con distintivo vermello e que só se repartirán medallas con distintivo branco. Neste sentido, os sindicatos policiais entenden que non é admisible que o Ministerio do Interior e a Dirección Xeral da Policía conceden medallas pensionadas que supoñen unha media de 200 euros máis ao mes no caso de mandos policiais, incluso sendo cargos xubilados, sen ofrecer xustificación da normativa na que encaixa a concesión xa que non existe nin unha situación de perigo ou risco persoal.
SUP e UFP lamentan a situación de escaseza de persoal que sofren os persoais policiais debido á falta de renovación durante os últimos anos e do incumprimento da promesa da Dirección Xeral de dotar a todos os policías de atención ao cidadán dun chaleco interior antibalas individualizado.