BNG e PSOE arroupan a Paula Dapena ante a súa negativa a homenaxear a Maradona

Pontevedra
02 de decembro 2020

Os apoios a Paula Dapena seguen crecendo. A súa negativa para render tributo a Maradona deu a volta ao mundo e, xunto con numerosos encomios tamén recibiu críticas e ameazas. Por iso é polo que BNG e PSdeG-PSOE fixesen público o seu apoio á moza

Gonzalo Caballero e Paula Dapena
Gonzalo Caballero e Paula Dapena / PontevedraViva

Os apoios a Paula Dapena seguen crecendo. A súa negativa para render tributo a Maradona deu a volta ao mundo e, xunto con numerosos encomios tamén recibiu críticas e ameazas. Por iso é polo que BNG e PSdeG-PSOE fixesen público o seu apoio á moza.

A xogadora pontevedresa foi recibida esta mañá polos líderes de ambos os partidos, Ana Pontón e Gonzalo Caballero, que puxeron en valor o seu xesto.

"Espero que este xesto sirva para algo e que as mulleres deixen de ter medo a actuar", sinalou Paula Dapena tras estes encontros. É necesario, engadiu, "actuar sen medo para empezar a cambiar as cousas".

A pontevedresa defendeu que se todas as mulleres se organizan para loitar polos seus dereitos e conseguir unha igualdade na sociedade "eu creo que avanzaremos moitísimo máis rápido e conseguiremos todo o que nos propoñamos".

Ana Pontón destacou o xesto de "valentía e ousadía" da deportista, á que pediu que siga sendo unha "muller rebelde" nas súas actitudes. "O futuro deste país vaise a escribir en feminista", engadiu.

O máximo responsable dos socialistas galegos apuntou pola súa banda que "non podemos consentir nin insultos nin amenazas" e defendeu a liberdade de "facer bandeira da defensa dos dereitos das mulleres sen medo a represalias". 

Tras destacar o "criterio" e a "personalidade" amosado pola futbolista, Gonzalo Caballero asegurou que nunha sociedade "tolerante e democrática" calquera persona debe decidir "homenaxear ou non a quen queira" sen que iso que supoña "ningún tipo de represalia".