Bértola elaborará unha nova alternativa á proposta de Fomento para a subestación eléctrica

Vilaboa
19 de xaneiro 2014

Fíxose esperar, pero finalmente celebrouse este sábado a reunión dos veciños de Vilaboa co avogado do Concello para estudar o borrador presentado polo Ministerio de Fomento e Rede Eléctrica Española. Na reunión acordouse elaborar un novo borrador para presentalo ao ministerio

Fíxose esperar, pero finalmente celebrouse este sábado a reunión dos veciños de Vilaboa co avogado do Concello para estudar o borrador presentado polo Ministerio de Fomento e Red Eléctrica Española.

Aínda que o avanzaran hai semanas ao saír do encontro na subdelegación do goberno, tras a análise en detalle da proposta, os veciños confirmaron o seu rexeitamento ao proxecto que consistía no soterramento dos cables.

Fundamentalmente, os veciños non aceptan a posibilidade de que a curto prazo se poida instalar no mesmo emplazamento unha segunda subestación de Unión Fenosa.

Na reunión acordouse elaborar un novo borrador para presentalo ao ministerio.

Mentres tanto, seguirán as mobilizacións e manterán as gardas para evitar o inicio das obras.