Bertín Osborne, Dvicio, Loquillo, Izal e Xoel López, atractivos para as Festas da Peregrina

Pontevedra
30 de xuño 2016

Entre o 13 e o 21 de agosto actuarán máis de quince artistas entre os que tamén destacan Xoel López, Dorian, Los tres soles del Paraguay, Furious Monkey House, La casa de los Ingleses, Quatro de Abril e Pel e Pau

Bertín Osborne, pousando para o seu último disco
Bertín Osborne, pousando para o seu último disco

Bertín Osborne, o presentador de 'Mi casa es la tuya', será unha das estrelas dos concertos da Semana Grande das Festas de Peregrina. O cantante de 'Boas noites, señora' actuará na Praza de España o próximo 15 de agosto.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, presentaba este xoves a programación de verán con numerosas actividades durante os meses de xullo e agosto ata o peche dos festexos o 3 de setembro coa celebración dunha nova edición da Feira Franca.

Os concertos principais da Peregrina serán os seguintes días de agosto:

Sábado 13: Dorian e La Casa de los Ingleses

Domingo 14: Xoel López

Luns 15: Quatro de abril e Bertín Osborne

Martes 16: Furious Monkey House e Izal

Mércores 17: Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel. Treixadurae Banda de Música de Pontevedra

Xoves 18: Los tres soles del Paraguay e concerto World Dance Music

Venres 19: Daniel Minimalia e Rosa Cedrón

Sábado 20: Pel e Pau eDvicio

Domingo 21: Loquillo

A concelleira destacou que todos os concertos son gratuítos e que levan negociando estas actuacións desde hai un ano para tentar obter cachés que poidan adecuarse ao orzamento de todas as festas do verán, que se achega ao millón de euros. Apuntou que os cachés que non se negocian son os relativos a agrupacións galegas.

Da Silva afirmou tamén que hai artistas que non se programan para as Festas da Peregrina porque non aceptan concertos sen venda de entrada por despacho de billetes, unha condición que desde o goberno local rexeitan porque entenden que estas actuacións teñen que ser de acceso libre.

As actividades das festas comezan este sábado 2 de xullo co concerto da Banda de Música de Salcedo e da Banda Municipal de Narón na praza do Teucro. Continuará co Memorial Ricardo Portela, a romaría de San Benito de Lérez, o ciclo de teatro, música, maxia e circo para escolares Cultura non Camiño na praza do Teucro ou o Festival de Jazz que se desenvolverá entre o 13 e o 18 de xullo coa Big Band e a actuación, entre outros, de Cecil Mclorin. Tamén terán especial protagonismo outras actividades como Itineranta ou as sesións de 15 birlos, actuacións con grupos do Local de Música de Pontevedra.

Arquivado en