Berenxenas en tomate con picada de bacallau Pescamar

Pontevedra
07 de setembro 2024
Actualizado: 16 de outubro

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha receita que leva como principal ingrediente o bacallau, un peixe branco con proteínas de alto valor biolóxico e baixo en graxas

Berenxenas en tomate recheas
Berenxenas en tomate recheas / | Freepik

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que leva como principal ingrediente o bacallau.

A picada é unha preparación propia da cociña catalá que se elabora con diversos condimentos machucados nun morteiro, habitualmente especias, froitos secos tostados, restos de pan duro, allo, pementa, azafrán, entre outros, e ligados cun pouco de aceite, vino ou caldo.

bacallau é un peixe branco que destaca pola súa achega en proteínas, superior á dalgunhas carnes. É baixo en calorías e en graxas.

Para preparar estas saborosasBerenxenas en tomate con picada de bacallau Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 4 berenxenas

- 2 latas de Bacallau á biscaíña Pescamar

- 100 g de améndoas picadas

- 2 porros

- 2 cenorias

- 3 cebolas

- 1 pemento vermello

- 1 tomate

- pan relado

- sal e pementa

- ourego

- queixo parmesano

- 750 g de salsa de tomate

Preparación:

Pelamos as berenxenas e partímolas ao longo en dous anacos. Baleirámolas con coidado. Reservamos a polpa.

Cocemos as berenxenas en auga fervendo e sal durante dez minutos.

Para o recheo, refogamos todas as hortalizas cortadas moi finas e a polpa das berenxenas, tamén cortada en anacos pequenos. Cando estean feitas, engadimos as améndoas picadas ata que se torren. A continuación, as dúas latas de Bacallau á biscaíña Pescamar coa súa salsa. Mesturamos ata integrar todos os ingredientes. Salpementamos e especiamos cun pouco de ourego. Reservamos.

Collemos as berenxenas cocidas, untámolas con aceite e pasámolas por pan relado. Enchemos cada unha coa mestura que reservaramos.

Nunha bandexa de forno, poñemos a salsa de tomate e colocamos as berenxenas. Cubrímolas con queixo parmesano e gratinamos ao forno.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.