Berberechos en verde ao estilo gourmet de Conservas Pescamar

Pontevedra
28 de decembro 2017

A oitava entrega de "A cociña gourmet en conserva" chega cunha receita sinxela e exquisita, ideal para acompañar os menús do Nadal.

Berberechos en verde
Berberechos en verde / FROM

A oitava entrega de "A cociña gourmet en conserva" chega cunha receita sinxela e exquisita, ideal para acompañar os menús do Nadal, grazas á calidade dos mariscos en lata de Conservas PESCAMAR.

Os berberechos ao natural das Rías Galegas PESCAMAR destacan polo seu alto contido en minerais, como o ferro, potasio, selenio, zinc e calcio. Todos eles contribúen a aumentar as defensas e reforzar o sistema inmunolóxico. Tamén se caracterizan pola súa achega en ácidos graxos Omega 3, moi útiles no coidado da saúde do corazón.

Para preparar uns deliciosos berberechos ao natural das Rías Galegas PESCAMAR en verde necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de berberechos ao natural das Rías Galegas PESCAMAR

- 200 g. de fabas pequenas conxeladas

- 200 g. de tirabeques

- 8 espárragos

- 1 dente de allo

- Aceite de oliva

- Unhas follas de hortela

Preparación:

Tomamos as fabas sen desconxelar e cocémolas 3 minutos. Deixamos arrefriar e pelámolas.

Picamos o allo e poñémolo nunha tixola cos tirabeques e un pouco de aceite. Facemos a mestura a lume suave, de modo que coza en lugar de fritirse.

Pasamos lixeiramente os espárragos pola prancha. Se se desexa, pódenselle facer un corte para que se cociñe ben o interior. Outra opción é utilizar espárragos en lata, que só haberá que amornar.

Escorremos os berberechos ao natural das Rías Galegas PESCAMAR e pasámolos uns segundos pola tixola para quentalos. Reservamos parte do mollo.

Para servir, poñemos no centro de cada prato os berberechos cos tirabeques e as fabas. Coroamos cos espárragos, salseamos lixeiramente co mollo dos tirabeques e os berberechos. Engadimos un pouco de aceite e adornamos coa hortela.

Con esta receita finalizamos un ano culinario con produtos do mar de alta calidade, da man de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas PESCAMAR.