Benito Soto, o sanguinario pirata da Moureira, volveuno facer. Xunto coa tripulación do Burla Negra asaltou a Boa Vila converténdose en referencia durante a noite deste martes de Entroido.
O desembarco pirata recreou a invasión en Pontevedra do exército inglés e francés, expulsados da cidade por Benito Soto.
Os tres barcos, o Burla Negra de Benito Soto, o Morning Star inglés e o Trois Mers francés, repartíronse por diferentes espazos da zona vella para animar esta Noite Pirata, ata que todos eles atopáronse para recrear a batalla que acabaría por expulsar aos exércitos invasores.
Todo iso acompañado por animación polas rúas, sen que faltase moito redobre de tambores, lume e diversión a cargo da asociación Combrus, Troula e Vamos a Todo. Milleiros de persoas, moitas delas disfrazadas para a ocasión, seguiron as recreacións que se desenvolvían arredor dos barcos polas distintas rúas e prazas.
Xa áas 21.30 horas, o grupo Gin Tonic's iniciaba su concierto no escenario da Praza da Ferrería.
Durante a noite, os pasacalles pirata invadían o centro histórico coa participación de Solfamidas, Os da Caña, Las Flores del Carnaval, Os Miúdos, As Sonecas, Os Paparrulos, Os Canecos, Os 100Tolos e Os Retrincos facendo eterna unha das noites máis divertidas do ano.