A Concellaría de Benestar Social Municipal xa depurou os padróns para coñecer a cantidade de nenos que precisarán axuda de alimentos este verán no concello. Trátase de 91 familias nas que viven 182 nenos.
A Concellaría de Benestar acaba de pechar un protocolo de actuación para que todos estes nenos dispoñan de alimentos frescos durante o verán xa que o Concello quere ter garantía de que estes menores poidan comer nas súas casas, en compañía dos seus pais e irmáns, sen ter que desprazarse a ningures.
Entregaráselles periodicamente froita, verduras, iogures, carne, peixe, fiambre e ovos.
Segundo as contas da Concellaría de Benestar, os usuarios serán:
- Familias con 1 neno: 38
- Familias con 2 nenos: 35
- Familias con 3 nenos: 10
- Familias con 4 nenos: 2
- Familias con 6 nenos: 6
Esta iniciativa municipal ponse en marcha sen agardar as noticias da Xunta de Galicia, que xa adiantou que recibirá fondos do Ministerio de Benestar para este propósito. O Concello está disposto a colaborar coa Xunta "no caso de que decida porse ao fronte desta dramática situación que non pode agadar dado que son necesidades perentorias".