Beatriz Pereira, a pontevedresa que dirixe o acuario de Dubái, un dos máis grandes do mundo

Pontevedra
22 de febreiro 2015

Chegou aos Emiratos Árabes hai apenas tres anos e en tan pouco tempo converteuse nunha das biólogas máis respectables do país. Chámase Beatriz Pereira Maquieira e, con tan só 30 anos, é a directora do Dubai Aquarium & Underwater Zoo. Esta moza pontevedresa, neta dun coñecido policía local do municipio do Lérez, logrou abrirse camiño fóra do seu país e ao seu cargo está un dos acuarios máis grandes do mundoa>.

Beatriz Pereira, directora do acuario de Dubái, co alcalde de Pontevedra
Beatriz Pereira, directora do acuario de Dubái, co alcalde de Pontevedra / PontevedraViva

Chegou aos Emiratos Árabes hai apenas tres anos e en tan pouco tempo converteuse nunha das biólogas máis respectables do país. Chámase Beatriz Pereira Maquieira e, con tan só 30 anos, é a directora do Dubai Aquarium & Underwater Zoo. Esta moza pontevedresa, neta dun coñecido policía local do municipio do Lérez, logrou abrirse camiño fóra do seu país e ao seu cargo está un dos acuarios máis grandes do mundo.

Xamais tería pensado, iso si, que este domingo recibiría a visita do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, desprazado a Dubái para recibir o premio ONU-Hábitat a Pontevedra. Tras saber que ela era a responsable deste acuario quixo coñecela para felicitala polo seu traballo. E durante un exclusivo paseo guiado polas instalacións, contou a PontevedraViva e ao resto de medios desprazados como é a súa vida nesta cidade árabe.

Recoñece que os seus inicios en Dubái foron complicados porque "apenas sabía catro palabras en inglés". Ata ese momento, tras licenciarse en Bioloxía pola Universidade de Vigo e traballar en varios centros galegos, era instrutora de mergullo en Lanzarote. Pero un día viu pola Internet unha oferta de traballo para o acuario do hotel Atlantis. Esa foi a súa porta de entrada en Dubái, unha cidade que ata ese momento non espertara a súa atención.

"Non sei como pasei a entrevista", afirma Beatriz entre risas polos seus problemas co inglés. "Debinlles caer en graza, porque son moi botada para diante". Aínda que, sen dúbida, foi a súa preparación académica e profesional a que obrou o milagre. "Aquí non importa tanto o idioma como que teñas unha boa formación e saibas facer o traballo, iso é o que están a buscar", explica pensando en todos os que chegan a Dubái na busca dunha oportunidade.

Ela, grazas ao seu duro traballo e unha determinación aínda máis férrea, logrou abrirse camiño e en pouco tempo se converteu na máxima responsable a nivel técnico dun acuario que alberga a máis de 33.000 animais de 150 especies diferentes. Trátase dun centro situado no interior do Dubai Mall, o centro comercial máis grande do mundo e que conta cunha impresionante 'peceira' a xeito de tarxeta de presentación.

Trátase dun tanque de 11 metros de altura, 51 metros de longo e 20 metros de ancho. Contén dez millóns de litros de auga, sacados do Golfo Pérsico e aos que se lles reduce a salinidade. Alberga máis de 300 quenllas, entre outras especies acuáticas, protexidas do exterior por un panel acrílico duns 70 centímetros. ÿ un dos grandes atractivos deste espazo e pódese visitar tamén a través dun túnel submarino transparente.

UN CROCODILO, A GRANDE ESTRELA

Polo acuario -de propiedade canadense- pasan, cada día, unhas 5.000 persoas e traballan nel 65 persoas, 35 delas encargadas do coidado e cría dos animais. No interior das instalacións, reconstrúense diferentes hábitats de todo o mundo repartidos en tres áreas: auga doce, auga salgada e vida nocturna. Pero, sen dúbida, a súa adquisición máis prezada é un crocodilo australiano que vai camiño de converterse no máis grande do mundo en catividade.

Está en Dubái dende hai pouco máis de seis meses e revolucionou os seus visitantes. Non é para menos. Pesa 800 quilogramos e mide máis de cinco metros. Beatriz fala con paixón del. Foi trasladado en jet privado ata o acuario e nel, mímaselle e cóidase con especial dedicación. Pero con coidado. ÿ unha as especies máis perigosas do planeta. "ÿ coñecida por comer humanos", advirte a directora do centro. "Se te atrapa, estás morto".

Afirma botar de menos o río Lérez. "Eu practicaba piragüismo por el e aínda que o sigo facendo aquí, é o mesmo"

Esta pontevedresa supervisa toda a actividade do acuario de Dubái, dende a alimentación dos seus especiais inquilinos ou os traballos de reprodución en catividade e de recuperación dos animais enfermos, ata as tarefas de limpeza das instalacións ou a chegada de novas especies. Todo pasa por ela. E así seguirá sendo agora que, ademais, se están a executar obras para amplialo aínda máis para acoller novas propostas lúdicas e educativas.

Este é o gran reto dunha Beatriz Pereira que, asegura, goza a súa estanza en Dubái "porque é unha aventura permanente, é un país e unha cultura diferente e nunca sabes o que vas vivir". A pesar diso, recoñece que sente bastante 'morriña' da súa cidade. Sobre todo afirma botar de menos o río Lérez. "Eu practicaba piragüismo por el e aínda que o sigo facendo aquí, é o mesmo", explica. Aínda así, mantén contacto con amigos e familia "e por Facebook entérome de todo o que pasa alí".

Por agora, non planea abandonar Dubái. Aquí tamén encontrou a súa actual parella sentimental. Ela é unha dos 4.000 españois que, calcúlase, viven e traballan actualmente na cidade. Cada vez máis compatriotas chegan buscando unha oportunidade "e moitos conseguen quedarse, pero outros vanse despois de varios meses intentándoo", sinala. Non porque haxa traballo, di, senón porque Dubái busca "persoas especializadas e moi preparadas". Beatriz é un claro exemplo diso.