Santo ceo, Batman! Que fai o Batmóbil aparcado en Vilagarcía?

O Salnés
14 de outubro 2024
Actualizado: 19:00

Curtas Festival do Imaxinario organizará un photocall para que todas aquelas persoas que queiran fotografarse xunto ao vehículo poidan facelo

Batmóvil
Batmóvil / Curtas, Festival do Imaxinario

O Curtas Festival do Imaxinario traerá a Vilagarcía o Batmóbil.

Para celebrar o 35 aniversario da película dirixida por Tim Burton en 1989 'Batman', e como parte da celebración dos 85 anos da personaxe creada por Bob Kane e Bill Finger, estará en Vilagarcía o vehículo que conducía Michael Keaton no filme, así como na súa secuela 'Batman Returns'.

Unha oportunidade única para descubrir o Batmóbil mais popular, así como o vehículo superheróico mais famoso de todos os tempos.

Chegado dende Reino Unido, este Batmóbil conta cun lanzachamas totalmente operativo, ametralladoras emerxentes, luces policiais e unha cabina de apertura totalmente eléctrica con luces no interior.

O Curtas organizará un photocall para que todas aquelas persoas que queiran fotografarse xunto ao vehículo poidan facelo, os días 1 e 2 de novembro, en horario de 11.00 a 13:30 horas e de 16.00 a 20.00 horas, na Praza da II República, diante do Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

Este festival celebrarase este ano nas datas: do 25 de outubro ata o 2 de novembro.

Bátmovil
Bátmovil    Curtas, Festival do Imaxinario