Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, ofrécenos unha receita ideal como aperitivo ou primeiro prato, e coa que aproveitaremos todas as calidades do atún.
O atún claro é un peixe de sabor suave que destaca pola súa achega en proteínas de gran valor biolóxico e o seu alto contido en Omega-3.
Para preparar uns deliciosos Bastóns de cabaciña ao forno con atún Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar
- 1 cabaciña grande
- 2 ovos
- 100 g de pan relado
- 50 g de queixo parmesano relado
- Sal e pementa
- Allo en po moído
- Ourego
- Sal
- Pementa
Preparación:
Lavamos a cabaciña e, sen pelala, cortámola en bastóns de aproximadamente un centímetro de grosor. A continuación, secámolos con papel absorbente, para quitarlles o exceso de auga. Salpementamos ao gusto. Reservamos.
Nun bol preparamos o rebozado mesturando o pan relado, o allo en po, o ourego, o queixo e o Atún Claro en aceite de oliva Pescamar, previamente escorrido e esmigallado. Noutro bol, batemos os ovos.
Pasamos cada un dos bastóns, primeiro, polos ovos batidos e, segundo, pola mestura do rebozado.
Unha vez empanados, colocamos os bastóns de cabaciña nunha bandexa de forno, sobre un papel para forno. Enfornamos a 220 graos (forno prequentado) durante 20 minutos ou ata que empecen a dourarse.
Para servir, podemos acompañalos dunha salsa de iogur.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.