O Concello de Barro informou do remate da instalación na nova cuberta do pavillón municipal de máis de 130 placas solares.
Con estes paneis fotovoltaicos se dará subministro eléctrico ás instalacións municipais de Santo Antoniño.
O excedente de produción verterase á rede eléctrica xerando unha compensación económica para o Concello e reducindo aínda máis a factura.
Para o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, este proxecto "é un paso clave para a autonomía enerxética de Barro e un aforro significativo na factura da luz".
"Demostramos que, aínda sendo un concello pequeno, podemos liderar na descarbonización e construír un futuro máis sostible para toda a sociedade", dixo o alcalde.
Esta actuación, da man de outras que vén desenvolvendo o concello nos últimos anos, como o cambio da LED de grande parte da alumeado público ou actuacións de aforro nas depuradoras, ten como obxectivo camiñar cara a descarbonización e abaratar a factura eléctrica, dado que supón un dos maiores desembolsos nas contas anuais do concello.
O orzamento deste proxecto ascendeu a 72.708 euros, dos cales 19.551 foron financiados con cargo a fondos propios municipais e os restantes coa achega de fondos europeos.
A empresa que executou os traballos foi Montaxes Eléctricas Noroeste S.L., por ser a mellor oferta presentada.