Barro reparte 37.700 euros entre os sectores afectados pola covid-19

Barro
09 de novembro 2021

O obxecto destas axudas foi paliar os efectos negativos que o peche forzoso da actividade tivo sobre eles, axudando a sufragar gastos como os alugueiros, a luz ou distintos impostos ou taxas

Edificio do Concello de Barro
Edificio do Concello de Barro / Pontevedraviva

Ata 37.700 euros en axudas entregou o Concello de Barro aos comercios e pequenas empresas afectadas pola crise provocada pola pandemia da covid-19.

Desta cantidade, 25.000 euros proveñen de fondos propios da administración municipal e 10.700 da liña 2 do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra. 

O obxecto destas axudas foi paliar os efectos negativos que o peche forzoso da actividade tivo sobre eles, axudando a sufragar gastos como os alugueiros, a luz ou distintos impostos ou taxas. 

Recibíronse nas dependencias municipais un total de 23 solicitudes das que se concederon case a totalidade.

Só se denegaron dous delas, xa que unha delas pertencía a un establecemento que xa pechara e a outra por tratarse dunha empresa de máis de dez persoas asalariadas.