Barro renova a iluminación pública en seis das súas parroquias

Barro
11 de outubro 2024
Actualizado: 20:57

Todas as novas luminarias pasaron a ser de tecnoloxía LED. A intención do goberno municipal é continuar con este tipo de actuacións noutras zonas do municipio en sucesivas fases do plan

Iluminación pública en Barro
Iluminación pública en Barro / Concello de Barro

Ata vinte e dous puntos da iluminación pública en seis parroquias de Barro foron renovados no marco da actuación impulsada polo goberno municipal e na que se investiron uns 25.000 euros.

Os puntos de luz renovados están nos lugares de Lardoeira e Valbón, na parroquia de Agudelo; Outeda, Fonte de Curro e Bretoña, na parroquia de Curro; Porriña, na parroquia da Portela; Gándara, na parroquia de Perdecanai; Mane, na parroquia de Barro; e Piñeiro, na de Valiñas.

O edil responsable de obras e servizos, José Sanmartín, considera que este tipo de actuacións son "fundamentais" para mellorar a iluminación pública no municipio e para fomentar un maior aforro enerxético e aumentar a sustentabilidade.

Todas as novas luminarias pasaron a ser de tecnoloxía LED.

A intención do goberno municipal é continuar con este tipo de actuacións noutras zonas do municipio en sucesivas fases do plan.

Este proxecto foi financiado a través do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.