O venres día 5 de febreiro ás 22:00 horas dará comezo o entroido no Concello de Barro, coa lectura do pregón a cargo do escritor Adolfo Caamaño, no Pazo da Crega. Posteriormente, na festa "Revival 70’s 80’s", actuará o grupo A banda de Nash. O evento contará coa degustación de filloas e orellas.
O sábado 13 será o día grande, xa que terá lugar no Pavillón Municipal, a partir das 18:00 horas o festival de disfraces e baile infantil, e a partir das 21:00 horas o concurso de disfraces para adultos.
Por último, o domingo 7 e o martes 9 será a fase clasificatoria da “Corrida dos galos”. O sábado día 13 anunciaranse os gañadores das distintas parroquias.