Barro prepárase para celebrar o 13 de maio a súa segunda Festa das Rutas

Barro
28 de abril 2017

A pé, a cabalo, en bicicleta, en vespa ou en 4x4. Cada quen poderá participar como queira na segunda edición da Festa das Rutas de Barro. Celebrarase o próximo 13 de maio. Serán cinco rutas diferentes que sairán do Pazo da Crega, a partir das dez da mañá

Presentación da II edición da Festa das Rutas
Presentación da II edición da Festa das Rutas / Concello de Barro

A pé, a cabalo, en bicicleta, en vespa ou en 4x4. Cada quen poderá participar como queira na segunda edición da Festa das Rutas de Barro. Celebrarase o próximo 13 de maio.

Serán cinco rutas diferentes que sairán do Pazo da Crega, a partir das dez da mañá.

O obxectivo desta festa é que os participantes poidan desfrutar do territorio do Concello da maneira que máis lles guste.

Así, cada un pode escoller a ruta que mellor encaixe coas súas preferencias conseguindo un día de festa que, ademais, serve para o coñecemento do territorio do Concello, da paisaxe, do patrimonio e do medio natural do municipio.

Ademais da actividade física e a relación entre todos os asistentes ás distintas rutas, todas van rematar no Pazo da Crega cun xantar e festa ao longo da tarde.

O prazo para inscribirse remata o vindeiro 8 de maio.