Barro prepara unha festa de fin de ano para "recibir o 2025 entre a veciñanza"

Barro
30 de outubro 2024
Actualizado: 17:32

Así llo comunicou o tenente de alcalde ás diferentes comisións de festas do municipio nunha reunión para concretar as liñas de colaboración para o próximo ano

Reunión coas comisións de festas de Barro
Reunión coas comisións de festas de Barro / Concello de Barro

O fin de ano celebrarase en Barro cunha festa para todos os veciños e veciñas.

O Concello decidiu organizar un evento popular co que despedir o ano para "recibir o 2025 entre a veciñanza, evitando ao tempo os desplazamentos a outros lugares da comarca", explicou o tenente de alcalde, José Sanmartín.

Así llo comunicaron ás comisións de festas do municipio nunha reunión para concretar as liñas de colaboración con todas elas para o próximo ano.

"Plantexamos a posibilidade de que sexan as propias comisións de festas as que ofrecezan o servizo de bar na Festa de Fin de Ano e lles sirva, así, como forma de recadación", explicou Sanmartín.

Dúas das comisións de feito mostraron o seu interese en realizar o servizo.

Os detalles concretos da festa de fin de ano, na que xa traballa a Concellería de Turismo, Festas e Feiras, serán desvelados proximamente, avanzan.

En canto á reunión o goberno local mostrou interese en colaborar coas comisións de festas e tamén realizar actividades lúdicas nas parroquias Valiñas e Agudelo, que non contan cunha comisión fixa nin con festas.

Ao encontro acudiron tamén as concelleiras Lía Rodríguez e Rocío Touriño.