Barro organiza un concurso de disfraces para o seu Entroido virtual

Barro
12 de febreiro 2021

O Entroido en Barro tamén será virtual este ano polas restricións da covid-19. O principal evento será un concurso de disfraces que repartirá 400 euros en premios. Iso si, non serán cartos en metálico, senón vales de compra para gastar no comercio local

Entroido de Barro 2019
Entroido de Barro 2019 / Concello de Barro

O Entroido en Barro tamén será virtual este ano polas restricións da covid-19. O principal evento será un concurso de disfraces que repartirá 400 euros en premios. Iso si, non serán cartos en metálico, senón vales de compra para gastar no comercio local.

Para participar neste entroido na casa tan só é necesario sacar unha foto co disfrace elixido e enviala á dirección de correo [email protected] antes do mércores 17 ás 12:00 da mañá.

Haberá dúas categorías: individual e grupos conviventes. Os premios oscilarán entre os 40 e os 80 euros na primeira delas e entre os 40 e os 100 euros na categoría grupal.

A dinámica do concurso é sinxela. Gañará aquela fotografía que acumule máis "me gusta" na páxina de Facebook da OMIX de Barro, na que se publicarán o 18 de febreiro.

Será, polo tanto, a poboación xeral a encargada de elixir os gañadores do concurso. Terán cinco días para facelo. Os gañadores anunciaranse o 22 de febreiro.