Barro organiza por primeira vez un Festival de Murgas no seu Entroido

Barro
27 de febreiro 2019

Este ano na programación de Entroido organizouse como novidade un Festival de Murgas, o domingo 17 de marzo, ás 20:00, na Nave da Música e no que van participar a Murga do Naveiro, El Equipo Ja e Os do Val do Lérez

Festival de Murgas
Festival de Murgas

A programación do Concello de Barro para estas festas de Entroido segue apostando pola recuperación da Corrida do Galo, coa que dará comezo a programación deste ano o domingo 3 de marzo a partires das 17:30, en todas as parroquias. Para esta celebración simultánea en 7 lugares do concello, a organización conta coa colaboración de entidades e locais de hostalería.

O domingo 3 tamén se vai celebrar un Baile de Entroido no Centro Cívico a partires das 19:00 horas, organizado en colaboración coa Asociación Peñaflor.

O Festival de Entroido, que terá lugar o sábado 9 de marzo, a partires das 18:00, no Pavillón dos Deportes, volverá a ser a actividade central do Entroido en Barro. Ese día terá lugar a Final da Corrida do Galo entre os gañadores de todas as parroquias e celebraranse o Baile infantil, a partires das 18:00 e o Baile de Entroido para adultos, a partires das 22:00, durante os cales se fará a entrega de premios aos 3 mellores disfraces de cada categoría (individual, parella e grupo) e ao premio especial á animación.

Este ano na programación de Entroido organizouse como novidade un Festival de Murgas, o domingo 17 de marzo, ás 20:00, na Nave da Música e no que van participar a Murga do Naveiro, El Equipo Ja e Os do Val do Lérez. 

 

Arquivado en