Barro estrea o seu primeiro banco arcoíris coincidindo co Día do Orgullo

Barro
29 de xuño 2024

Enfronte da Praza do Viño, en San Antoniño. Foi o lugar elixido para instalar o primeiro banco arcoíris de Barro, co que o goberno municipal quere representar a igualdade, a liberdade e os dereitos do colectivo LGBTIQA+  

Decoración na casa consistorial de Barro polo Día do Orgullo
Decoración na casa consistorial de Barro polo Día do Orgullo / Concello de Barro

Enfronte da Praza do Viño, en San Antoniño. Foi o lugar elixido para instalar o primeiro banco arcoíris de Barro, co que o goberno municipal quere representar a igualdade, a liberdade e os dereitos do colectivo LGBTIQA+.

A instalación deste mobiliario urbano fíxose coincidir coa celebración, este venres 28 de xuño, co Día del Orgullo. Barro quixo así visibilizar entre a veciñanza o dereito a amar en liberdade.

Persoas voluntarias participaron no pintado deste banco.

Esta foi unha das actividades da campaña "Barro con orgullo/orgullo de Barro" organizada pola Concellería de Igualdade, que dirixe a edil socialista Lía Rodríguez.

Esta campaña, que comezou co engalanado dos balcóns da casa consistorial, constitúe, segundo a concelleira, unha reivindicación necesaria "que escenifica un paso máis na igualdade, modernidade e prosperidade do municipio".

O goberno municipal, de xeito paralelo, está impulsando a elaboración do plan de igualdade entre homes e mulleres, xa adxudicado, e do plan de igualdade laboral.