Barro corta a auga de madrugada e solicita reservas a Pontevedra

Barro
24 de agosto 2017

A situación de seca que se acumula xa desde o inverno pasado provocou que esas reservas baixaran considerablemente, polo que foi necesario realizar cortes entre a unha e as sete da madrugada. Ademais, ante as previsións de que se manteña o tempo seco e poidan diminuír aínda máis o caudal dos mananciais, solicitouse arredor de 100 metros cúbicos de auga 

Un grifo
Un grifo

O Concello de Barro viuse obrigado a solicitar a colaboración de Pontevedra para garantir o suministro de auga tras atoparse nos últimos días cunha situación de seca que durante a última madrugada mesmo motivou un corte no suministro entre as 1.00 y as 7.00 horas

Segundo indicou o Concello, dispoñen dun servizo de abastecemento de augas para uso doméstico que provén de mananciais. Todos os veráns diminúe o seu caudal, pero facendo axustes e controlando o consumo indebido conséguese manter o servizo a todos os usuarios. Este ano non o lograron e víronse na obriga de adoptar medidas. 

A situación de seca que se acumula xa desde o inverno pasado provocou que esas reservas baixaran considerablemente, polo que foi necesario realizar estes cortes de madrugada. Ademais, ante as previsións de que se manteña o tempo seco e poidan diminuír aínda máis o caudal dos mananciais, solicitouse a colaboración do Concello de Pontevedra.

O Concello pediulle a Pontevedra que lle achege arredor de 100 metros cúbicos de auga ao depósito de reserva de Barro, o que permitirá seguir prestando o servizo con garantías.

CESIÓN GRATUÍTA

O Concello de Pontevedra, a través do concelleiro de Obras, Demetrio Gómez indicou que se atenderá a demanda do goberno local de Barro. Explicou que a cantidade de auga que solicita este municipio non supera os 100 metros cúbicos ao día fronte ao 35.000 metros cúbicos ao día que consomen os concellos da comarca

Demetrio Gómez indicou que unhas cisternas recollerán a auga de Pontevedra para trasladala a Barro mentres vaian precisando para evitar as restricións. Sinalou tamén que será unha cesión gratuíta, agás que se prolongue esta situación durante moito tempo. O concelleiro pontevedrés afirmaba que o consumo da cantidade que demanda Barro podería ser de 600 euros ao mes e, polo tanto, vai facerse unha cesión de carácter solidario.

Desde o goberno local tamén se alerta a aquelas comunidades do rural pontevedrés que se atopen con problemas de auga que poden solicitar subministro ao Concello.

Polo momento, o municipio de Pontevedra ten garantido o abastecemento, malia que non chova, durante o mes de setembro.

Arquivado en