Barro concede licenza para a construción do Parque de maquinaria da Deputación

Pontevedra
18 de outubro 2021

A Xunta de Goberno do Concello de Barro vén de aprobar a licenza solicitada pola Deputación de Pontevedra para a construción do Parque central de maquinaria no polígono de Outeda, na parroquia de Curro

Parque de Maquinaria
Parque de Maquinaria / PontevedraViva

A Xunta de Goberno do Concello de Barro vén de aprobar a licenza solicitada pola Deputación de Pontevedra para a construción do Parque central de maquinaria no polígono de Outeda, na parroquia de Curro.

A entidade provincial vai executar a construción do seu Parque de maquinaria en Barro, que se traslada desde a Xunqueira de Alba. Contará cunha superficie de 4.272,71 metros cadrados construídos sobre as parcelas B10 e B11, as cales suman un total de 8.762,70 metros cadrados.

O proxecto de construción destas novas instalacións conta cun orzamento de 1.460.000 euros.

A chegada do Parque central de maquinaria da Deputación ao polígono de Curro consolida o incremento da ocupación das parcelas e vénse sumar ás recentes licenzas concecidas pola entidade municipal a empresas punteiras como Froiz, Acuña, Artesa ou Transfrío.