Barro ampliará o composteiro comunitario pola boa acollida que tivo entre a veciñanza

Pontevedra
14 de outubro 2016

Pasado un mes dende que se instalou o centro de compostaxe comunitario en San Antoniño, tanto o goberno municipal como os responsables do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, fan un balance moi satisfactorio debido ao bo funcionamento do mesmo grazas á implicación e o compromiso medioambiental dos veciños

Composteiro de Barro
Composteiro de Barro / Concello de Barro

O goberno local do Concello de Barro decidiu ampliar o composteiro comunitario pola boa acollida que tivo entre a veciñanza.

Pasado un mes dende que se instalou o centro de compostaxe comunitario en San Antoniño, tanto o goberno municipal como os responsables do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, fan un balance moi satisfactorio debido o bo funcionamento do mesmo grazas a implicación e o compromiso medioambiental dos veciños.

Diante desta boa acollida xa se tomou a decisión de ampliar o composteiro actual que conta con catro UMC (Unidades Modulares de Compostaxe) a seis, o que permitirá dar un mellor servizo e mellorar o proceso para obter un produto final de máis calidade.

Outra das actuacións que se vai acometer nas próximas semanas, é o axardinamento de toda a parcela onde se encontra ubicado o composteiro e a reordenación de colectores no seu entorno.