Barro activa dúas campañas para animar o comercio local durante o Entroido

Barro
22 de febreiro 2019

Potenciar o comercio e a hostalería de Barro durante o Entroido. Con este obxectivo, o goberno municipal vén de poñer en marcha dúas campañas de promoción: 'Eu Quero Entroido' e 'Destapa o Entroido'

Presentación das campañas de Barro polo Entroido
Presentación das campañas de Barro polo Entroido

Potenciar o comercio e a hostalería de Barro durante o Entroido. Con este obxectivo, o goberno municipal vén de poñer en marcha dúas campañas de promoción: 'Eu Quero Entroido' e 'Destapa o Entroido'.

O Concello destaca que ambas as dúas pretenden seguir impulsando o comercio e hostalería locais, con accións que son complementarias.

Na campaña 'Eu Quero Entroido' participarán 18 establecementos que, no marco desta iniciativa, tiveron que adornar os seus escaparates con motivos de Entroido ou San Valentín. 

Os premios a repartir son tres: 200 euros para o gañador, 150 euros para o segundo e 100 para o terceiro. Ademais, todos os seus clientes participan no sorteo dun lote de lacón con chourizos en cada establecemento.

Pola súa banda, en 'Destapa o Entroido' participan 13 locais e levarase a cabo os días 8, 9 e 10 de marzo. Consiste nunha ruta de tapas relacionadas coa época de Entroido.

Cada local terá un sorteo dun lote de lacón e chourizos para premiar a súa implicación na ruta das tapas. Neste caso, tamén os clientes dos locais participarán no sorteo dun lote por local.

Arquivado en