Bará presenta en Pontevedra a "tarifa plana" que propón o BNG para "moverse polo país"

Pontevedra
29 de xaneiro 2024

Esa é a idea da tarxeta multimodal "Toda Galiza" que o BNG presentou este luns en Pontevedra e que porá en marcha se gobernan en Galicia. O candidato do BNG por Pontevedra, Luis Bará, explicou que os usuarios podrán usar todos eses modos de mobilidade por 30 euros mensuais

Reunión do BNG coa plataforma de persoas usuarias do tren de media distancia
Reunión do BNG coa plataforma de persoas usuarias do tren de media distancia / BNG

Que todos os galegos e galegas poidan "moverse polo país" en calquer medio de transporte público, xa sexa tren, bus, barco ou taxi rural. Esa é a idea da tarxeta multimodal "Toda Galiza" que o BNG presentou este luns en Pontevedra e que porá en marcha se gobernan en Galicia.

O candidato do BNG por Pontevedra, Luis Bará, explicou que os usuarios podrán usar todos eses modos de mobilidade por 30 euros mensuais, a través creación dun consorcio de transportes que se encargue da xestión deste sistema.

Bará, que se reuniu coa plataforma de persoas usuarias do tren de media distancia, destacou que a próxima lexislatura debe ser a da creación do tren de proximidade, polo que para o BNG será unha "prioridade" de goberno para os catro próximos anos.

O nacionalista destacou que a creación do servizo de proximidade en Galicia, un compromiso asumido polo goberno central no pacto de investidura do BNG, "ten que ser unha realidade porque non pode ser que Galicia estea discriminada con respecto a outras comunidades".

Recoñeceu ademais que hai moitas necesidades en materia de mellora de infraestruturas e de servizos, para recuperar frecuencias eliminadas, incrementar e adaptar frecuencias sobre todo en horarios nos que hai máis demanda, así como conseguir unha maior fiabilidade.

A este respecto, Bará subliñou que dende o goberno da Xunta o BNG vai converter o tren nunha das prioridades na relación co Goberno central "para conseguir melloras nas infraestruturas, máis persoal, máis material rodante e mellores servizos".

O BNG tamén anuncia a creación dun departamento de ferrocarril co que o goberno galego poderá empezar a abordar a construción de infraestruturas e no futuro tamén a xestión da rede ferroviaria interna, o que o BNG denomina "Galtren", tal e como está previsto no Estatuto.

Así mesmo, propuxo a creación dunha mesa galega do tren con todas as entidades vencelladas a este medio de transporte para abrir unha interlocución e ver que propostas e melloras se poden levar adiante de maneira consensuada.

Arquivado en