O Banco de Alimentos en Pontevedra repartiu 412.492 quilos de comida durante o pasado ano 2024.
Esta cifra supón case o dobre de alimentos distribuídos que no anterior exercicio, en 2023 foron 228.221 quilos de alimentos.
Na actualidade, esta organización baseada no voluntariado atende máis de 5.000 persoas en situación de vulnerabilidade na área de Pontevedra.
Son localidades como Poio, Marín, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Vilagarcía, Vilanova, Cambados, Soutomaior, Lalín ou A Estrada e, faino, a través de máis de 40 entidades benéficas coas que traballa na zona norte da provincia.
O ano pasado o Banco de Alimentos evitou que uns 300.000 quilos de produtos frescos acabasen desperdiciados en toda a provincia.
Grazas ao traballo diario das denominadas "diminucións", máis dun 25 por cento dos colectivos sociais aos que atenden recibiron produtos de alto valor nutricional como carne, peixe, froitas, verduras e hortalizas. As "diminucións" son produtos frescos que, por diferentes motivos, as cadeas de alimentación xa non comercializan, pero que, se atopan en perfecto estado de consumo.
A este respecto hai que destacar que, cada vez máis, as entidades coas que traballa o Banco de Alimentos demanda este tipo de produtos que, por outra banda, son os de maior carestía á hora de adquirilos as familias desfavorecidas.
Desde esta Fundación levan anos mellorando a cesta básica que entregan ás persoas vulnerables co obxectivo non só de alimentar, si non de facelo da maneira máis equilibrada posible. Proba diso son algunhas partidas dos produtos repartidos como os 121.069 quilos de peixe, os 88.475 quilos de froita, os 65.121 quilos de verduras ou os 49.220 quilos de legumes.
Xunto a estes alimentos destacaron tamén polo seu volume os 452.802 litros de leite, os 98.628 quilos de pasta e arroz, os 83.092 quilos de conservas, os 43.769 litros de aceite, os 33.050 quilos de galletas ou os 17.909 quilos de cacao.
Pero no 2024 tamén se produciu a desaparición do Fondo de Axuda Europea para os Máis Desfavorecidos (FEAD) e que, en 2023, traduciuse nun achegue duns 500.000 quilos de alimentos en toda a provincia.