Balance positivo da Semana Cultural de Combarro e novidades para o ano que vén

Pontevedra
24 de agosto 2017

A Semana Cultural de San Roque vén de rematar con grande éxito popular. Este ano, ademais, celébrase o 40 aniversario da creación do colectivo que a organiza, o Ateneo Corredoira de Combarro. Co seu presidente, Juan Manuel Pérez González, facemos memoria desta edición de 2017.

Membros do Ateneo Corredoira na "Festa do Mexilón" (o presidente, Juan Manuel Pérez, é o terceiro pola esqda.)
Membros do Ateneo Corredoira na "Festa do Mexilón" (o presidente, Juan Manuel Pérez, é o terceiro pola esqda.) / Cristina Saiz

A Semana Cultural de San Roque vén de rematar con grande éxito popular. Este ano, ademais, celébrase o 40 aniversario da creación do colectivo que a organiza, o Ateneo Corredoira de Combarro. Co seu presidente, Juan Manuel Pérez González, facemos memoria desta edición de 2017:

O balance que temos que facer é positivo polo resultado do desenvolvemento de todos os actos e actividades que se recolleron na programación que se ofrecía aos vecinos e visitantes. E agradecer públicamente a todos os grupos que formaban parte da programación a súa boa resposta, xa que todos cumpriron coa súa obriga e ofreceron un bo espectáculo. Tamén agradecer a resposta dos vecinos e visitantes, a súa participación e presencia nos distintos actos.

E dentro desa programación, hai algún acto que queiras destacar polas súas características ou resposta do público?

A Semana Cultural xira sobre catro puntos: o certame de corais, os xogos para os críos coa xornada de inchables e outros xogos populares, o festival de folclore que son intercambios con agrupacións de España e Portugal e a "Festa do Mexilón". A particularidade da festa do mexilón é que se creou para financiar o que é todo gasto económico que acarrean estes dez días de actividades, xa que non hai ningún tipo de petición popular, só contamos coa axuda do Concello de Poio, Deputación e, esta edición, tamén con Ence.

Ademáis destas actividades de lecer, a Semana Cultural segue apostando pola historia e tradición de Combarro?

Non hai que esquecer que toda a Semana Cultural xira en torno á festividade do patrón da parroquia, San Roque. Sobre todo tentamos recuperar a data porque nos últimos anos quedou sen solemnizar.  En canto ás actividades, unas son de ámbito popular e outras son de carácter relixioso. Temos, por exemplo, a subida e baixada da Virxe para acompañar ao patrón na súa celebración. Despois temos o tema da "Festa do Can" que é ao día seguinte da celebración do Día de San Roque e é una especie de parodia. E seguiremos con estas actividades na medida en que haxa seguimiento da xente. E de momento estamos moi satisfeitos.

E xa para o ano que ven, estades pensando nalgún cambio na programación?

Algún cambio si que temos pensado facer, pero aínda hai que matizalo. Sobre todo, no que se refire ás datas de celebración dalgúns espectáculos como os de folclore que depende un pouco dos grupos participantes e pensamos adiantalo. Tamén para que non coincida coas Festas de Pontevedra. E algún detalle máis, como é una promoción maior do Certame de Pintura na Rúa, para atraer a máis persoas e a todas a idades, ademáis de ter un xurado con coñecementos en pintura. E miraremos tamén se hai algún tipo de tradición que se celebraba antiguamente para poder recuperala.

Este ano, a Semana Cultural de San Roque acadou a súa 37 edición, co respaldo de Ence Pontevedra, a través das axudas do seu I Plan Social no apartado de apoio a Proxectos de Educación e Cultura.

Arquivado en