Balance de coronavirus na área sanitaria ao 8 de agosto: 2.186 casos activos e 29 persoas hospitalizadas

Pontevedra
08 de agosto 2021

Os casos activos na área pontevedresa redúcense en 145 con respecto ao día anterior grazas ao elevado número de altas epidemiolóxicas, que superan aos 116 novos contaxios detectados

Recollida de datos de probas en cribado de covid-19
Recollida de datos de probas en cribado de covid-19 / Mónica Patxot

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta, a domingo 8 de agosto, con 2.186 casos activos de coronavirus, o que supón un descenso de 145 con respecto á xornada anterior.

Así o reflicte o balance diario do Servizo Galego de Saúde, tras unha xornada na que as altas epidemiolóxicas de afectados polo virus, 261, superou amplamente a cifra de 116 novos contaxios detectados.

No que respecta a a presión hospitalaria, son 29 os pacientes ingresados nos centros sanitarios da comarca, dous menos, aínda que o descenso débese en parte ao falecemento dun home de 91 anos en Montecelo, notificado por Sanidade a última hora do sábado

Dos hospitalizados 23 deles permanecen en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (18), o Hospital do Salnés (3) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (2), mentres que 6 persoas evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.

Desde o inicio da pandemia superaron a infección 17.655 persoas na área sanitaria, rexistrándose 191 falecementos de pacientes coa infección activa.

Nas últimas 24 horas o Sergas realizou 1.075 probas PCR.

DATOS DE GALICIA

Segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública o número de casos activos de coronavirus en Galicia sitúase nos 17.289, dos que 4.571 son da área da Coruña, 2.015 de Lugo, 1.312 de Ourense, 2.186 de Pontevedra, 4.275 da área de Vigo, 1.919 de Santiago e 1.011 da de Ferrol.

Do total positivos, 55 evolucionan na UCI, 261 en unidades de hospitalización e 16.973 no seu domicilio.

En Galicia rexistráronse 2.492 falecementos de persoas con positivo activo por coronavirus.