Balance covid a xoves 23 de setembro: 113 casos activos e dous pacientes na UCI

Pontevedra
23 de setembro 2021

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde na última xornada sumáronse ás estatísticas sobre a pandemia 4 novos contaxios na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Urxencias do Hospital de Montecelo
Urxencias do Hospital de Montecelo / Mónica Patxot

O Servizo Galego de Saúde actualizou á primeira hora deste xoves 23 de setembro os datos de afectados pola pandemia, e que deixan na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 113 casos activos de coronavirus.

Esta cifra supón un descenso de 17 con respecto ao mércores, tras unha xornada na que se engadiron ás estatísticas 4 novos contaxios e producíronse 21 altas epidemiolóxicas de persoas que superaron a infección.

Segundo este balance do Sergas, dos afectados 106 evolucionan nos seus domicilios. Os outros 7 fano no hospital con 5 persoas ingresadas en planta no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 evolucionando na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.

Desde o inicio da pandemia superaron a covid 21.073 persoas na área sanitaria, rexistrándose 203 falecementos de pacientes con positivo activo.

Doutra banda o Sergas informa da realización de 230 probas PCR nas últimas 24 horas.