Baixada lixeira da presión asistencial na área sanitaria onde permanecen 81 pacientes covid en planta e 15 na UCI

Pontevedra
17 de febreiro 2021

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, nas últimas 24 horas confirmáronse 49 novos positivos. Notificouse unha nova morte, dunha muller de 68 anos, no Hospital Montecelo. Galicia rexistra 357 positivos menos nas últimas 24 horas e o número de falecementos sitúase na cifra de 2.138 persoas desde o inicio da pandemia

Zona de reanimación da UCI de casos covid en el Hospital Montecelo
Zona de reanimación da UCI de casos covid en el Hospital Montecelo / Pool / Ramón Leiro

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés vai rebaixando paulatinamente a presión hospitalaria. Segundo os datos ofrecidos pola Consellería de  Sanidade este mércores 17 permanecen 96 persoas ingresadas por covid-19 nos centros hospitalarios desta zona.

Segundo os datos ofrecidos, mantéñense 81 pacientes ingresados en planta de hospitalización, cinco menos que este martes, repartidos da seguinte forma: 69 atópanse no Hospital Montecelo do  Complexo Hospitalario Universitario de  Pontevedr a( CHUP); 6 no Hospital  QuirónSalud Miguel Domínguez e outros seis no Hospital do Salnés. A estes hai que sumar os 15 pacientes  covid que permanecen na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, dous menos que no anterior balance hai 24 horas.

Nesta xornada hai 1.539 casos activos na área sanitaria, dos que 1.443 mantéñense evolucionando no seu domicilio. Segundo extráese dos datos ofrecidos pola Consellería rexistráronse nas últimas 24 horas, 49 casos activos na área, o mesmo número que durante a xornada do martes.

A cifra de falecementos ascende a 142 mortes, despois de notificar a perda dunha muller de 68 anos que morría o luns no Hospital Montecelo con enfermidades previas no seu historial clínico. Curáronse 10.229 pacientes desde o inicio do plan de continxencia.

Nas últimas 24 horas realizáronse 771 probas  PCR nas que se detectaron 46 novos positivos. 

DATOS DE GALICIA

Galicia ofrece 11.742 casos activos este mércores, con 357 novos positivos nas últimas 24 horas, dous contaxios menos respecto ao martes. Permanecen hospitalizadas en planta 737 persoas, 27 menos que a xornada anterior, nos distintos centros hospitalarios da comunidade. A esta cifra hai que engadir 187 pacientes que se atopan nas Unidades de Coidados Críticos, 18 menos que na xornada do martes.

Desde o inicio da pandemia recuperáronse 95.465 persoas na comunidade autónoma e faleceron un total de 2.138 persoas, tras comunicar 14 mortes durante a noite deste martes 16.