Baixada do paro nas comarcas de Pontevedra e Arousa durante o mes de abril

Pontevedra
04 de maio 2023

Na comarca de Pontevedra baixou durante o último mes en 273 persoas mentres que en Arousa o descenso é de 181. A baixada do desemprego en Galicia chegou á cifra de 2.504, a mellor da cadea histórica. Na totalidad de España, o número de parados tamén baixou en 48.755 persoas

Traballadores do sector servizos
Traballadores do sector servizos / Mónica Patxot

Na comarca de Pontevedra o desemprego durante o mes de abril baixou en 273 persoas mentres que en Arousa o descenso é de 181.

Na provincia o descenso foi de 913 desempregados, un 1,66% menos, que o mes anterior.

No municipio de Pontevedra figuran 4.973 parados, 56 menos que o mes anterior, segundo os datos polo Ministro de Traballo e Economía Social. Mientras que en Vilagarcía de Arousa las listas del paro cuentan con 2.594 desempleados, 58 menos.

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego de Galicia baixou en 2.504 persoas durante o mes de abril, un descenso do 1,77% respecto a marzo. 

Dos 6.000 contratos indefinidos asinados no último mes, o 50%  son fixos discontinuos. Segundo a CIG, estes contratos amosan a precariedade do emprego porque, segundo denuncian, en moitos casos son contratos dun día para outro, segundo indica Marcos Conde, secretario comarcal da CIG. A ese dato súmase un 10% como contratos a tempo parcial. 

En todo o Estado, tamén se rexistrou un descenso de número de desempregados nas oficinas dos servizos públicos. 73.890 persoas atoparon traballo durante o mes de abril.