Baixa o paro na cidade de Pontevedra en agosto en 12 persoas

Pontevedra
02 de setembro 2016

A provincia conta con 77.058 desempregados. Respecto ao ano pasado a cifra do paro reduciuse un 9,32%, é dicir, en 7.917 persoas. En Galicia durante o mes de agosto tamén baixou o paro en 2.412 persoas (un 1,23 %) en relación co mes anterior

Traballador
Traballador / La Caixa

O número de parados rexistrados nas oficinas do servizo público de emprego da cidade de Pontevedra volveu baixar no mes de agosto. O tirón estacional reduciu o número de desempregados en 12 persoas con respecto ao mes anterior, un comportamento que coincide cos datos rexistrados a nivel estatal e autonómico. Así, o total ascende actualmente a 6.322 persoas sen emprego.

O descenso nos datos do paro é xeralizado en todos os concellos da provincia. En todo caso,aqueles cun maior interese turístico é onde se producen os maiores descensos. Chama especialmente a atención o bo dato do Grove con 135 desempregados menos.

     Agosto 2016        Xullo 2016        Variación   
Pontevedra6.3226.334-12
Barro310317-7
Bueu750753-3
Caldas de Reis862840+22
Cambados1.0191.035-16
Campo Lameiro160164-4
Cotobade316326-10
Cuntis411405-6
O Grove570705-135
A Illa de Arousa281290-9
A Lama199192+7
Marín1.8161.849-33
Meaño307316-9
Meis365374-9
Moraña398414-16
Poio1.0901.092-2
Ponte Caldelas537563-26
Portas237243-6
Ribadumia327337-10
Sanxenxo829864-35
Vilaboa443448-5
Vilagarcía de Arousa3.6233.688-65
Vilanova de Arousa        794837-43

 

DATOS PROVINCIAIS

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou na provincia de Pontevedra en 538 desempregados menos durante agosto (un 0,69%), segundo os datos que publica este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Deste xeito a provincia conta con 77.058 desempregados. Respecto ao ano pasado a cifra do paro reduciuse un 9,32%, é dicir, en 7.917 persoas.

En Galicia durante o mes de agosto tamén baixou o paro en 2.412 persoas (un 1,23 %) en relación co mes anterior. Deste xeito, en relación con agosto do 2015, a comunidade galega conta con 20.687 persoas menos en paro, o que supón un descenso do 9,68 %, ata situar o total en 193.045 desempregados.

Contrasta este dato co aumento rexistrado no conxunto estatal onde o número de parados rexistrados subiu en agosto en 14.435 persoas en relación co mes anterior, co que se acaba cunha sucesión de cinco meses consecutivos á baixa. 

Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.697.496 persoas, a menor cifra rexistrada nun mes de agosto desde o 2009, segundo informou este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Arquivado en