Baixa o paro en xullo: 5.022 persoas abandonan as listas de desemprego en Pontevedra

Pontevedra
04 de agosto 2014
Actualizado: 14:36

Como vén sendo habitual, xullo volveu ser un bo mes para os demandantes de emprego. Tamén na cidade de Pontevedra. Na capital da provincia xa hai menos de 8.000 parados, segundo datos ofrecidos pola Consellería de Traballo

Traballadoras do sector comercio
Traballadoras do sector comercio /

Como vén sendo habitual, xullo volveu ser un bo mes para os demandantes de emprego. Tamén na cidade de Pontevedra. Na capital da provincia xa hai menos de 8.000 parados, segundo datos ofrecidos pola Consellería de Traballo. En concreto, 236 persoas encontraron traballo neste último mes. A cifra total de desempregados sitúase en 7.828, un 2,92% menos que o mes anterior.

Un mes máis, os municipios máis turísticos da provincia botan un mellor resultado, ao vincularse estas contratacións principalmente ao sector hostaleiro e turístico. Así O Grove reduciu as listas do paro nun 24,83%, Sanxenxo nun 20,30% e A Illa de Arousa nun 18,09%. A diferenza doutros meses, en ningún municipio da área de influencia da capital creceu o número de demandantes de emprego.

 Xullo 2014Xuño 2014Variación mensual
Pontevedra7.8288.064-236 (-2,92%)
Barro377407-30 (-7,37%)
Bueu9961.122-126 (-11,22%)
Caldas de Reis1.1361.150-14 (-1,21%)
Cambados1.3271.475-148 (-10,03%)
Campo Lameiro208233-25 (-10,72%)
Cotobade423453-30 (-6,62%)
Cuntis518550-32 (-5,81%)
O Grove7871.047-260 (-24,83%)
A Illa de Arousa344420-76 (-18,09%)
A Lama248250-2 (-0,80%)
Marín2.2582.444-186 (-7,61%)
Meaño444529-85 (-16,06%)
Meis482554-72 (-12,99)
Moraña504534-30 (-5,61%)
Poio1.4111.561-150 (-9,60%)
Ponte Caldelas696731-35 (-4,78%)
Portas286315-29 (-9,20%)
Ribadumia463530-67 (-12,64%)
Sanxenxo1.1381.428-290 (-20,30%)
Vilaboa601644-43 (-6,67%)
Vilagarcía de Arousa4.6204.854-234 (-4,82%)
Vilanova de Arousa1.0421.113-71 (-6,37%)

 

DATOS PROVINCIAIS

Un total de 5.022 pontevedreses abandonaron as listas do paro nos últimos 30 días, segundo os datos publicados este luns polo Servizo Público de Emprego. Con esta baixada, a sexta consecutiva, a provincia de Pontevedra cae por debaixo de 100.000 parados. En concreto, 96.276 persoas seguen buscando traballo.

En termos interanuais, Pontevedra conta con 6.493 desempregados menos que en xullo do ano pasado.

A caída do paro no mes de xullo volve estar vinculada, maioritariamente á época estival e ao turismo. ÿ no sector servizos onde se produce unha baixada máis pronunciada. 3.209 persoas encontraron traballo neste ámbito de actividade (57.652 parados en total).

Pola súa banda, a construción rexistra 865 parados menos (11.933), na industria abandonaron as listas de desemprego 804 persoas (14.511) e 247 pontevedreses menos no paro hai na agricultura (3.576). Pola contra, o colectivo de persoas sen emprego anterior creceu en 103 parados, ata un total de 8.604 desempregados.

En canto ao número de persoas rexistradas nas oficinas de emprego de Galicia, este situouse ao finalizar xullo en 240.279 persoas, 12.031 menos que o pasado mes de xuño, o que supón un descenso respecto ao mes anterior do 4,77 por cento.

Arquivado en