Baixa a incidencia acumulada en Pontevedra con 119 novos positivos en catorce días

Pontevedra
08 de xaneiro 2021

O Concello de Pontevedra ten este venres un total de 137 casos activos de coronavirus, son 9 persoas infectadas menos que este xoves. Ademais hai 1.712 contactos en seguimento

Xente paseando pola rúa con máscara
Xente paseando pola rúa con máscara / Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra ten este venres un total de 137 casos activos de coronavirus, son 9 persoas infectadas menos que este xoves. Ademais hai 1.712 contactos en seguimento.

Os datos actualizados no Concello de Marín indican que este venres hai 51 casos activos, son catro máis respecto ao xoves.

E en Poio a Consellería de Sanidade informou de 44 casos activos este venres, 2 menos que onte. Ademais hai 344 contactos en seguimento.

En canto a Sanxenxo ten este venres 29 casos activos, un 1 menos que onte. En total hai 324 contactos en seguimento.

O mapa da Consellería de Sanidade cos datos de incidencia acumulada por concellos en catorce días, recolle hoxe varios cambios con respecto á xornada anterior. 

Entre os municipios con máis de 250 casos por cen mil habitantes están: A Illa (79), Bueu (54), Cambados (35), Caldas (27) e Cuntis (22).

Mellora a súa evolución Barro que, con menos de 9 casos, baixa a súa incidencia e sitúase entre 150 e 250 casos. Con esa incidencia están, entre outras localidades, Marín, Poio, Sanxenxo, Meaño ou Vilagarcía. 

Tamén mellora a súa incidencia acumulada Pontevedra, que con 119 novos positivos detectados en test PCR en catorce días, sitúase entre 50 e 150.

Nesta horquilla están tamén Ribadumia, Meis, Vilanova, O Grove, Cerdedo-Cotobade, Campolameiro e Moraña. 

E teñen unha incidencia acumulada menor de 25 casos Ponte Caldelas, Vilaboa, A Lama e Portas.