Baixa a 98 o número de pacientes ingresados con covid na área sanitaria

Pontevedra
16 de febreiro 2022

Trátase de 9 enfermos hospitalizados menos que na xornada do martes. A cifra de casos activos tamén continua o seu descenso cun total de 3.818 casos activos nos distritos de Pontevedra e O Salnés, 245 menos que onte. En Galicia rexistráronse 5 mortes máis nas últimas horas elevando a 3.056 o número de persoas falecidas desde o inicio da pandemia

Datos covid-19 na área sanitaria este mércores 16 de febreiro de 2022
Datos covid-19 na área sanitaria este mércores 16 de febreiro de 2022 / Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia

Este mércores 16, a área sanitaria de Pontevedra - O Salnés mantén 93 pacientes coa infección por covid ingresados en planta de hospitalización e cinco enfermos na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Trátase de 9 menos que na xornada do martes.

Os pacientes en planta repártense da seguinte forma: 75 no Hospital Montecelo, 16 no Hospital  do Salnés e 2 no Hospital QuirónSalud.

Nesta xornada rexístranse, segundo os datos da Consellería de Sanidade, un total de 3.818 casos activos nos distritos de Pontevedra e O Salnés, 245 menos que o martes. Destes casos, 3.720 recupéranse nas súas vivendas. No municipio de Pontevedra o número de positivos sitúase en 1.253.

Durante as últimas 24 horas se han realizados 373 probas PCR co resultado de 242 novos positivos.

Non se rexistrou ningún falecemento na área sanitaria durante as últimas horas como consecuencia da pandemia. O número total de vítimas mantense en 252 persoas. Curáronse un total de 51.353 pacientes, 487 máis que na xornada de onte.

DATOS EN GALICIA

A Consellería de Sanidade notificacinco falecementos en Galicia de persoas diagnosticadas por coronavirus elevando a cifra de decesos desde o inicio da pandemia a 3.056 persoas. 

O número de casos activos rexistrado nesta xornada é de 34.139. Continúa desta forma a baixada dos últimos días ao rexistrarse 1.966 pacientes menos que o martes.

Por áreas sanitarias, os casos activos son os seguintes: A Coruña-Cee: 7.557 (-395); Vigo: 7.336 (-536); Santiago-O Barbanza: 6.030 (-277); Pontevedra-O Salnés: 3.818 (-245); Ourense: 3.648 (-196); Lugo: 3.601 (-216); Ferrol: 1.751 (-92) e sen área sanitaria asignada: 398 (-9)

Destes casos, 624 enfermos atópanse hospitalizados, 29 menos que na xornada de onte e na UCI hai 37 positivos, cinco menos que hai 24 horas.

Nesta última xornada detectáronse 2.437 novos casos. Trátase de 137 contaxios máis que os notificados durante o martes e 758 menos en relación cos rexistrados o mércores pasado.