Baixa a 222 o número de casos activos de covid na área sanitaria

Pontevedra
05 de xuño 2021

Respecto á presión hospitalaria a día de hoxe son 13 os pacientes con coronavirus que están ingresados. Concretamente son 11 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 no Hospital do Salnés. Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo hai 2 pacientes críticos ingresados con covid

Xente consumindo nas terrazas da hostalería
Xente consumindo nas terrazas da hostalería /

A Consellería de Sanidade informou que o número de casos activos de covid-19 este sábado na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés é de 222 persoas, son 10 casos menos que onte venres.

Respecto á presión hospitalaria a día de hoxe son 13 os pacientes con coronavirus que están ingresados. Concretamente son 11 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 no Hospital do Salnés.

Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo hai 2 pacientes críticos ingresados con covid.

Así mesmo, permanecen 207 persoas con coronavirus evolucionando nos seus domicilios en estado leve ou asintomáticos.

Nas últimas 24 horas detectáronse 11 novos contaxios e foron dadas de alta 21 persoas.

Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 13.913 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 181 persoas.

En canto a realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 747, que se engaden ás 238.578 xa efectuadas desde o inicio da pandemia no área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.945, deles 342 son da área da Coruña, 245 da de Lugo, 159 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 534 da área de Vigo, 335 da de Santiago e 108 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 71 en unidades de hospitalización e 1.861 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 122.954 persoas curadas, rexistrándose 2.426 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.274.739. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.000.543.