Bágoas polo Entroido de Poio, que se despide co enterro do Galo Fodorico

Poio
17 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O Entroido chegou á súa fin en Poio. Fíxoo un par de semanas máis tarde do previsto. As choivas atrasaron a traca final desta festa ata este sábado. O broche de ouro púxoo, como é habitual, o esperado enterro do Galo Fodorico

Enterro do Galo Fodorico en Poio
Enterro do Galo Fodorico en Poio / Cristina Saiz

O Entroido chegou á súa fin en Poio. Fíxoo un par de semanas máis tarde do previsto. As choivas atrasaron a traca final desta festa ata este sábado.

O broche de ouro púxoo, como é habitual, o esperado enterro do Galo Fodorico.

O evento, organizado pola AVC Ronsel coa colaboración do Concello, encheu de loito a Praza do Mosteiro, onde foi incinerado o coñecido personaxe do Entroido local, tras participar nunha comitiva que partiu desde a rotonda dos Canos.

Tras incinerar ao Galo Fodorico, as comparsas animaron a Festa Choqueira, que incluíu unha sesión musical e a repartición de chocolate quente aos asistentes.

Arquivado en