Bágoas ante o adeus aos cines de Vialia

Pontevedra
06 de xuño 2013

Continúa a desmontaxe dos cines de Pontevedra coa colaboración de operarios da empresa de Narón que se queda coas butacas e máquinas de proxección. As mulleres do persoal despedíronse onte e xa non volverán as instalacións que serán entregadas a ADIF o 14 de xuño

Traballadoras dos cines choran ante a desmontaxe das butacas
Traballadoras dos cines choran ante a desmontaxe das butacas / Mónica Patxot

As bágoas desbordaban as miradas de varias das mozas que forman parte do equipo de Ábaco Cinebox mentres, desconsoladas, vían como se ían retirando as butacas dos cines de Pontevedra.

- ÿ moi triste ver isto.

Algunhas destas empregadas levaban case trece anos traballando nestas instalacións. Dende hoxe, xoves 6, xa non as volverán pisar. As mulleres do equipo xa retiraron todo o material das tendas de lambetadas. A empresa concedeulles dous días libres que lles debía e despois xa empalmarán coas vacacións para o día 15 comezar co ERE temporal acordado co director dos cines, Juan Ignacio Moreno.

O resto de traballadores continuará ao longo dos próximos días retirando todo o material. Boa parte irase a unha nave do empresario propietario dos cines de Narón que se dedica tamén á compra e venda deste tipo de elementos. "Las butacas de este cine ya no sirven para otro nuevo. Están descatalogadas" di un dos operarios das salas de Vialia que indica que mesmo levan os logos de Lauren, anterior empresa propietaria dos cines de Pontevedra. O empresario dos cines de Narón estivera interesado nos cines pero a dixitalización das películas impediu que afrontase a aventura das salas pontevedresas.

"Ahora ya todo va a ser digital. No se valora la profesión del proyeccionista que está en extinción" di un dos empregados dos cines na cabina, Juan Torres. Trátase dun dos profesionais que máis sabe do cine en Pontevedra "ahora solo importa el negocio. Estas máquinas de proyección son magníficas y duran años. Ahora con las digitales, hay que instalar todo un sistema nuevo y cada cierto tiempo, los empresarios estarán obligados a pagar un canon para actualizarlas".

NÿS PODERIAMOS TER XESTIONADO ESTES CINES

Un dos encargados das proxección afirma que é moi duro ver como se desmontan uns cines que estaban perfectos. "No nos dieron la oportunidad sino los trabajadores podríamos haber gestionado y sacado adelante estas salas", afirma o traballador. Unha compañeira conclúe: "Adif nos engañó a todos". A empresa propietaria das instalacións só indica que seguen negociando con varias entidades na xestión dos cines en Vialia e que teñen listo o prego de condicións para licitar o alugueiro dos locais de Vialia a partir do día 14, data na que Ábaco Cinebox abandonará as 8 salas de proxección pontevedresas deixándoas completamente baleiras.

Arquivado en